12/14/2014

Bolsas predoutorais 2014

O mércores día 10 de decembro de 2014, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a Convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 para o ano 2014.

Prazos

O prazo para que a Universidade de Vigo presente as candidaturas na sede electrónica da Xunta de  Galicia remata o día 16 de xaneiro de 2015.

O prazo para que os/as candidatos/as presenten a documentación  exclusivamente en soporte CD a través dos rexistros da Universidade de Vigo remata o día 2 de xaneiro de 2015. A razón deste prazo interno reside na necesidade dunha marxe suficiente para que a introdución de datos na sede electrónica sexa posible. Agradecemos a súa colaboración e respecto do prazo sinalado para garantir a normalidade do procedmento de presentación da solicitude.
No CD debedes escribir o código do procedemento (ED481A) e o voso nome e apelidos.

Modalidades

Como en anos anteriores, as modalidades de concorrencia son:
-          Modalidade A: axudas de carácter xeral
-          Modalidade B: axudas específicas para o ámbito do Campus de Excelencia Internacional “Campus Mar”

Requisitos

-          Titulación universitaria (licenciado/a, graduado/a ou equivalente), posterior a 1 de xaneiro de 2010 (data de superación da última materia)
-          Nacionalidade dun estado membro da Unión Europea (para non comunitarios hai unha reserva por cada modalidade)
-          Estar matriculados nun programa oficial de doutoramento na nosa Universidade (2014/15).
-          Contar cunha nota media igual ou superior a:
o   7 (xeral)
o   6 (enxeñarías e arquitecturas)
-          Non estar en posesión do título de doutor nin ter sido seleccionado noutra convocatoria de recursos humanos homologables

Documentación

-          Folla de datos (http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html) en formato .doc e escaneada en pdf coa sinatura do/a candidato/a.
-          Anexo IV, debidamente cuberto e asinado e escaneado en formato pdf (mesmo link)
-          Copia do DNI (soamente no caso de non autorizar á Consellería á verificación de datos)
-          Copia dos certificados coas que se determinan as notas medias (isto é: certificacións académicas emitidas pola Universidade correspondente, tanto da titulación universitaria oficial – grao, licenciatura, enxeñaría, etc, como dos estudos superados de máster, se é o caso))
-          Declaración de equivalencia de notas medias emitida pola ANECA, para o caso de titulacións estranxeiras
-          Proxecto do traballo de investigación (cos detalles que se indican na convocatoria), escaneado e en formato pdf

Aclaración notas medias

As titulacións universitarias que deron acceso aos estudos de máster e ou doutoramento poden presentar varias casuísticas:

1.      Título obtido, na súa totalidade, nunha única universidade española (a nota media é a reflectida ao final da certificación académica e debe indicar que se axusta ao RD 1125/2003)

2.      Título obtido despois de superar parcialmente unha parte dos estudos nunha universidade e o resto noutra/s, pero todas elas pertencentes ao SUG (Sistema Universitario Galego): mesmas indicacións que no anterior caso, a nota final aparece ao final da certificación e indica, ben que se corresponde co establecido no RD 1125, ben consonte ao Protocolo das 3 universidades galegas

3.      Título obtido tras estudar parcialmente nunha universidade do SUG e o resto nunha universidade española pero non SUG: estas notas medias hai que calculalas na Universidade, sen que se deba cubrir ese dato na “folla de datos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario