7/17/2014

AXUDAS PARA ESTADÍAS PREDOUTORAIS na Universidade da Coruña



A Universidade da Coruña (UDC), a través da súa Escola Internacional de Doutoramento
(EIDUDC), xunto coa empresa Inditex S.A., convocou  axudas para estadías predoutorais no
estranxeiro para realizar durante o ano 2014, cunha dotación presupuestaria de 51.920,40 €,
51.920,40 euros e están dotadas a  do “Convenio de colaboración entre a UDC e Inditex
para a internacionalización dos estudos de doutoramento”, asinado o 9 de xullo de 2013.
Esta convocatoria aprobouse na reunión da Comisión de Seguimento do convenio do 06 de
marzo de 2014.
OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA
Facilitar, a investigadores/as en formación matriculados nun programa de doutoramento
ofertado pola UDC, a estadía en centros de investigación no estranxeiro para realizar traballos
colaborativos de investigación, utilizar as técnicas necesarias para o desenvolvemento da súa
investigación, coñecer novas técnicas de traballo ou novas infraestruturas de investigación ou
acceder a fondos documentais non dispoñibles por outra vía. Un dos obxectivos principais
desta convocatoria é que os solicitantes cumpran os requisitos de duración mínima de estadías
no estranxeiro para poder optar á mención internacional na súa tese de doutoramento.
A duración mínima da estadía subvencionada será de tres meses.
A alumna do noso  Programa, SONIA RICO ALONSO  obtivo unha  das becas da convocatoria para facer unha estancia de tres meses na Universidad de Chile.

Calendario de admisión e matrícula na Universidade da Coruña 2014-2015









Calendario de admisión e matrícula en estudos de doutoramento curso 2014-2015.


1º PRAZO ORDINARIO

Para todo o alumnado que teña acceso aos estudos de doutoramento.


11 de agosto-30 de setembro de
2014
Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa.



03 de outubro de 2014
Publicación pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento
(CAPD) da listaxe provisional de alumnado admitido e excldo.
06-08 de outubro de 2014
Reclamación á listaxe provisional.

13 de outubro de 2014
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
14-31 de outubro de 2014
Matrícula (1º prazo ordinario).

03 de decembro de 2014
Fin  do  prazo  para  solicitar  a  anulación de  matrícula  con  dereito  a devolución dos prezos públicos ou taxas aboadas.



2º PRAZO ORDINARIO
Poderán solicitar a admisión e realizar a matrícula o alumnado que ta acceso aos estudos de doutoramento sempre que queden prazas vacantes no programa.

18-25 de febreiro de 2015

Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa .
02 de marzo de 2015
Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e excldo.
04-05 de marzo de 2015
Reclamación á listaxe provisional.

09 de marzo de 2015
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
10-13 de marzo de 2015
Matrícula (2º prazo ordinario).




Solicitudes de admisión e renovación da inscrición e reclamacns: deberán ser dirixidas á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) / Consello de Departamento e presentadas na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigacn) do centro.

Publicación das relacns provisoria e  definitiva de alumnado admitido e  excluído: publicaranse no taboleiro de anuncios da UADI do centro e na páxina web do centro ou Programa de Doutoramento.

Admisn/Renovacion/Matcula: farase a través da Secretaría Virtual do estudante nos seguintes enlaces:

Estudantado externo á UDC: https://matricula.udc.es/LoginX/Login.asp