12/14/2014

Bolsas predoutorais 2014

O mércores día 10 de decembro de 2014, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a Convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 para o ano 2014.

Prazos

O prazo para que a Universidade de Vigo presente as candidaturas na sede electrónica da Xunta de  Galicia remata o día 16 de xaneiro de 2015.

O prazo para que os/as candidatos/as presenten a documentación  exclusivamente en soporte CD a través dos rexistros da Universidade de Vigo remata o día 2 de xaneiro de 2015. A razón deste prazo interno reside na necesidade dunha marxe suficiente para que a introdución de datos na sede electrónica sexa posible. Agradecemos a súa colaboración e respecto do prazo sinalado para garantir a normalidade do procedmento de presentación da solicitude.
No CD debedes escribir o código do procedemento (ED481A) e o voso nome e apelidos.

Modalidades

Como en anos anteriores, as modalidades de concorrencia son:
-          Modalidade A: axudas de carácter xeral
-          Modalidade B: axudas específicas para o ámbito do Campus de Excelencia Internacional “Campus Mar”

Requisitos

-          Titulación universitaria (licenciado/a, graduado/a ou equivalente), posterior a 1 de xaneiro de 2010 (data de superación da última materia)
-          Nacionalidade dun estado membro da Unión Europea (para non comunitarios hai unha reserva por cada modalidade)
-          Estar matriculados nun programa oficial de doutoramento na nosa Universidade (2014/15).
-          Contar cunha nota media igual ou superior a:
o   7 (xeral)
o   6 (enxeñarías e arquitecturas)
-          Non estar en posesión do título de doutor nin ter sido seleccionado noutra convocatoria de recursos humanos homologables

Documentación

-          Folla de datos (http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html) en formato .doc e escaneada en pdf coa sinatura do/a candidato/a.
-          Anexo IV, debidamente cuberto e asinado e escaneado en formato pdf (mesmo link)
-          Copia do DNI (soamente no caso de non autorizar á Consellería á verificación de datos)
-          Copia dos certificados coas que se determinan as notas medias (isto é: certificacións académicas emitidas pola Universidade correspondente, tanto da titulación universitaria oficial – grao, licenciatura, enxeñaría, etc, como dos estudos superados de máster, se é o caso))
-          Declaración de equivalencia de notas medias emitida pola ANECA, para o caso de titulacións estranxeiras
-          Proxecto do traballo de investigación (cos detalles que se indican na convocatoria), escaneado e en formato pdf

Aclaración notas medias

As titulacións universitarias que deron acceso aos estudos de máster e ou doutoramento poden presentar varias casuísticas:

1.      Título obtido, na súa totalidade, nunha única universidade española (a nota media é a reflectida ao final da certificación académica e debe indicar que se axusta ao RD 1125/2003)

2.      Título obtido despois de superar parcialmente unha parte dos estudos nunha universidade e o resto noutra/s, pero todas elas pertencentes ao SUG (Sistema Universitario Galego): mesmas indicacións que no anterior caso, a nota final aparece ao final da certificación e indica, ben que se corresponde co establecido no RD 1125, ben consonte ao Protocolo das 3 universidades galegas

3.      Título obtido tras estudar parcialmente nunha universidade do SUG e o resto nunha universidade española pero non SUG: estas notas medias hai que calculalas na Universidade, sen que se deba cubrir ese dato na “folla de datos”.

12/04/2014

BOLSAS PARA CURSAR DOUTORAMENTO NA UNESP - BRASIL

BECAS PARA CURSAR DOCTORADO EN LA UNESP - BRASIL

Desde la Sede Central de la AUIP, les informamos de la convocatoria para 2015 del Programa de Becas para realizar Estudios de Doctorado en la Universidade Estadual Paulista (UNESP), Brasil. El programa ofrece 10 becas con una dotación de R$ 2.200 (dos mil doscientos reales brasileños) durante un plazo máximo de 48 meses. Los programas de doctorado ofertados en esta convocatoria tienen todos la calificación de excelencia. Las becas van dirigidas a profesores e investigadores no brasileños vinculados a Instituciones de Educación Superior de países iberoamericanos (incluidos España y Portugal), preferentemente asociadas a la AUIP, que estén interesados en cursar alguno de los programas de doctorado ofrecidos por la UNESP que iniciarán en 2015 y que vienen relacionados en la convocatoria. El plazo de recepción de solicitudes está abierto hasta el 5 de marzo de 2015. Información completa: bases del programa, relación de doctorados y formulario de solicitud en www.auip.or.

BOLSAS PARA CURSAR DOUTORADO NA UNESP - BRASIL

Desde a Sede Central da AUIP, informamos-lhes da convocatória para 2015 do Programa de Bolsas para realizar Estudos de Doutorado no Brasil, na Universidade Estadual Paulista (UNESP). O programa oferece 10 bolsas no valor de R$ 2.200,00 (dois mil e duzentos reais brasileiros) durante um prazo máximo de 48 meses. Os programas de doutorado oferecidos nesta convocatória têm todos a qualificação de excelência. As bolsas estão dirigidas a professores e pesquisadores não brasileiros vinculados a Instituições de Educação Superior de países iberoamericanos (incluídos Espanha e Portugal), preferencialmente associadas à AUIP, que estejam interessados em cursar algum dos programas de doutorado oferecidos pela UNESP que terão início no ano letivo de 2015. O prazo de recebimento de solicitações está aberto até o dia 5 de março de 2015.
Informação completa: bases do programa, relação de doutorados e formulário de solicitação em www.auip.org.

11/01/2014

I Coloquio Internacional "Estudos Literarios en Vigo"

Do 13 ao 14 de novembro terá lugar, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Salón de Graos, B3), o I Coloquio Internacional "Estudos Literarios en Vigo".

Este Coloquio pretende ofrecer un foro para que doutorandas e doutorandos do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios presenten e debatan os seus proxectos de tese.

A asistencia é libre e gratuíta. Para o alumnado da Universidade de Vigo a asistencia é convalidábel por 20 horas (1 crédito ECTS). Interesadas e interesados poden enviar un correo-e (con nome, apelidos e DNI) a doutoramentoestudosliterarios@uvigo.es solicitando o certificado correspondente. A asistencia controlarase antes do inicio de cada sesión de comunicacións.

Haberá dúas conferencias convidadas, impartidas por docentes de recoñecido prestixio:
  • A conferencia de apertura, impartida polo Prof. Dr. Giuseppe Mazzocchi (Università degli Studi di Pavia) sobre o tema "De nuevo sobre el Comendador Román: una tesis doctoral vista en la distancia".
  • E a conferencia de clausura, impartida pola Profa. Dra. Ria Lemaire (Université de Poitiers) sobre o tema “Repensar os estudos literários: comparatismo e pós-nacionalismos”. 
A programación completa e o libro de resumos do Coloquio poden ser visualizados e descargados aquí:


10/13/2014

Lista definitiva de admitidas e admitidos Universidade da Coruña

Lista definitiva de admitidas e admitidos na Universidade da Coruña no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios, curso 2014-2015:




9/29/2014

Listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as 2014-2015

Listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as no Programa de Doutoramento en Estudos Literarios (2014-2015) na Universidade de Vigo

1) ADMITIDAS/OS
  • Gabriela Rivera Rodríguez
  • María Alonso Alonso
  • Rocío Hernández Arias
  • Laura Piñeiro Pais
  • Sonia Otero Pereira
  • María del Carmen Rodríguez Lorenzo
  • Paula Díaz Prieto
  • Mª Teresa Del Préstamo Landín
  • Saúl Serantes Vaz
  • Pablo Rodríguez Fernández
  • María Rodríguez Piñeiro
  • María Chiginskaya
---------------------------------------------------------------------------

LISTA DE ESPERA
  • Rosa Ana María Villagrasa Méndez
  • Pedro Sancho Díaz
---------------------------------------------------------------------------

2) EXCLUIDAS/OS
  • María José Pardo Lemos
---------------------------------------------------------------------------

Asdo.: Antonio Chas Aguión
(Coordinador CAPD Estudos Literarios)

9/18/2014

Listado provisional de admitidos/as e excluídos/as na UVigo 2014-2015

Programa de Doutoramento en Estudos Literarios | Curso académico 2014-15
Listado provisional de admitidos/as e excluídos/as na Universidade de Vigo

1) ADMITIDAS/OS PROVISIONAIS
  • Gabriela Rivera Rodríguez
  • María Alonso Alonso
  • Rocío Hernández Arias
  • Laura Piñeiro Pais
  • Sonia Otero Pereira
  • María del Carmen Rodríguez Lorenzo
  • Paula Díaz Prieto
  • Mª Teresa Del Préstamo Landín
  • Saúl Serantes Vaz
  • Pablo Rodríguez Fernández
  • María Rodríguez Piñeiro
  • María Chiginskaya
---------------------------------------------------------------------------

LISTA DE ESPERA
  • Rosa Ana María Villagrasa Méndez
  • Pedro Sancho Díaz
---------------------------------------------------------------------------

2) EXCLUIDAS/OS PROVISIONAIS

  • María José Pardo Lemos (Non achegou a documentación acreditativa dentro do prazo.)
---------------------------------------------------------------------------

En Vigo, a 18 de setembro de 2014.

Asdo.: Antonio Chas Aguión
(Coordinador CAPD Estudos Literarios)

7/17/2014

AXUDAS PARA ESTADÍAS PREDOUTORAIS na Universidade da Coruña



A Universidade da Coruña (UDC), a través da súa Escola Internacional de Doutoramento
(EIDUDC), xunto coa empresa Inditex S.A., convocou  axudas para estadías predoutorais no
estranxeiro para realizar durante o ano 2014, cunha dotación presupuestaria de 51.920,40 €,
51.920,40 euros e están dotadas a  do “Convenio de colaboración entre a UDC e Inditex
para a internacionalización dos estudos de doutoramento”, asinado o 9 de xullo de 2013.
Esta convocatoria aprobouse na reunión da Comisión de Seguimento do convenio do 06 de
marzo de 2014.
OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA
Facilitar, a investigadores/as en formación matriculados nun programa de doutoramento
ofertado pola UDC, a estadía en centros de investigación no estranxeiro para realizar traballos
colaborativos de investigación, utilizar as técnicas necesarias para o desenvolvemento da súa
investigación, coñecer novas técnicas de traballo ou novas infraestruturas de investigación ou
acceder a fondos documentais non dispoñibles por outra vía. Un dos obxectivos principais
desta convocatoria é que os solicitantes cumpran os requisitos de duración mínima de estadías
no estranxeiro para poder optar á mención internacional na súa tese de doutoramento.
A duración mínima da estadía subvencionada será de tres meses.
A alumna do noso  Programa, SONIA RICO ALONSO  obtivo unha  das becas da convocatoria para facer unha estancia de tres meses na Universidad de Chile.

Calendario de admisión e matrícula na Universidade da Coruña 2014-2015









Calendario de admisión e matrícula en estudos de doutoramento curso 2014-2015.


1º PRAZO ORDINARIO

Para todo o alumnado que teña acceso aos estudos de doutoramento.


11 de agosto-30 de setembro de
2014
Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa.



03 de outubro de 2014
Publicación pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento
(CAPD) da listaxe provisional de alumnado admitido e excldo.
06-08 de outubro de 2014
Reclamación á listaxe provisional.

13 de outubro de 2014
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
14-31 de outubro de 2014
Matrícula (1º prazo ordinario).

03 de decembro de 2014
Fin  do  prazo  para  solicitar  a  anulación de  matrícula  con  dereito  a devolución dos prezos públicos ou taxas aboadas.



2º PRAZO ORDINARIO
Poderán solicitar a admisión e realizar a matrícula o alumnado que ta acceso aos estudos de doutoramento sempre que queden prazas vacantes no programa.

18-25 de febreiro de 2015

Solicitude de admisión a un programa de doutoramento: Alumnado que accede por primeira vez ao programa .
02 de marzo de 2015
Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e excldo.
04-05 de marzo de 2015
Reclamación á listaxe provisional.

09 de marzo de 2015
Publicación pola CAPD da listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Comunicación da CAPD desta listaxe á Oficina de Doutoramento.
10-13 de marzo de 2015
Matrícula (2º prazo ordinario).




Solicitudes de admisión e renovación da inscrición e reclamacns: deberán ser dirixidas á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) / Consello de Departamento e presentadas na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigacn) do centro.

Publicación das relacns provisoria e  definitiva de alumnado admitido e  excluído: publicaranse no taboleiro de anuncios da UADI do centro e na páxina web do centro ou Programa de Doutoramento.

Admisn/Renovacion/Matcula: farase a través da Secretaría Virtual do estudante nos seguintes enlaces:

Estudantado externo á UDC: https://matricula.udc.es/LoginX/Login.asp