7/17/2014

AXUDAS PARA ESTADÍAS PREDOUTORAIS na Universidade da Coruña



A Universidade da Coruña (UDC), a través da súa Escola Internacional de Doutoramento
(EIDUDC), xunto coa empresa Inditex S.A., convocou  axudas para estadías predoutorais no
estranxeiro para realizar durante o ano 2014, cunha dotación presupuestaria de 51.920,40 €,
51.920,40 euros e están dotadas a  do “Convenio de colaboración entre a UDC e Inditex
para a internacionalización dos estudos de doutoramento”, asinado o 9 de xullo de 2013.
Esta convocatoria aprobouse na reunión da Comisión de Seguimento do convenio do 06 de
marzo de 2014.
OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA
Facilitar, a investigadores/as en formación matriculados nun programa de doutoramento
ofertado pola UDC, a estadía en centros de investigación no estranxeiro para realizar traballos
colaborativos de investigación, utilizar as técnicas necesarias para o desenvolvemento da súa
investigación, coñecer novas técnicas de traballo ou novas infraestruturas de investigación ou
acceder a fondos documentais non dispoñibles por outra vía. Un dos obxectivos principais
desta convocatoria é que os solicitantes cumpran os requisitos de duración mínima de estadías
no estranxeiro para poder optar á mención internacional na súa tese de doutoramento.
A duración mínima da estadía subvencionada será de tres meses.
A alumna do noso  Programa, SONIA RICO ALONSO  obtivo unha  das becas da convocatoria para facer unha estancia de tres meses na Universidad de Chile.

Ningún comentario:

Publicar un comentario